mércores, 30 de novembro de 2016

Ambientamos a nosa biblioteca cunha porta de entrada moi peculiar.



Buscamos libros, filmes e outros documentos sobre o tema. Ata a nosa mascota Lily vestíuse de romana como corresponde. Estache ben fermosa...




mércores, 9 de novembro de 2016

PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO: "CASTREXOS E ROMANOS"

Este curso, dende a biblioteca do CEIP de Quiroga, impulsamos o proxecto documental integrado (PDI) "Castrexos e romanos". O punto de partida do noso proxecto foron unha serie de charlas impartidas aos alumnos e alumnas polo técnico de cultura do concello e director dos museos da vila, Ramón Vila Anca.
Ramón guiounos, a través dunha serie de diapositivas comentadas por el, polos vestixios castrexos e romanos da nosa contorna. Os alumnos e alumnas  aprenderon a valorar o noso valioso patrimonio castrexo-romano, que para a maioria deles era descoñecido.