Con motivo do día Contra a Violencia Machista, as traballadoras do Centro de Información á Muller do concello trasladáronse ao colexio para impartir o obradoiro “ASÍ TRATAMOS BEN, ASÍ NON TRATAMOS A NINGUÉN”. Aproveitando a data, agasallaron aos nenos e nenas cunha bufanda tubular térmica.
mércores, 26 de novembro de 2025
martes, 25 de novembro de 2025
CHARLA PLAN DIRECTOR
Hoxe o noso alumnado de 5º e 6º de Primaria participou nunha charla moi especial dentro do Plan Director da Garda Civil.
O tema central foi o acoso escolar, unha realidade que debemos previr e combater entre todos. Os estudantes aprenderon a identificar estas situacións e a importancia de pedir axuda e apoiar aos seus compañeiros.
Actividades coma esta reforzan valores de respecto, empatía e convivencia, fundamentais para medrar nun entorno seguro e positivo.
luns, 17 de novembro de 2025
"GANCHILLANDO COAS MANS"
Sempre estamos a tecer nas aulas e na biblio. Ollade que xa temos unha técnica nova "Ganchillo coas mans".
luns, 10 de novembro de 2025
CELEBRAMOS O MAGOSTO
Celebramos o Magosto no cole!
Hoxe gozamos dun día moi especial compartindo risas e ricas castañas asadas. Foi unha xornada chea de alegría na que mantivemos viva unha das tradicións máis fermosas da nosa contorna.
martes, 4 de novembro de 2025
OBRADOIRO DE LUZ NEGRA "APÓCEMAS DE SAMAÍN"
Unhas Apócemas do máis terrorífico, empregando a luz negra como recurso esencial para estas creacións
.
BOOKTRAILER "RELATOS CURTOS DE SAMAÍN"
Despois de facer uns relatos curtos moi terroríficos, chegou o momento de representalos. O alumnado seguindo os pasos para a elaboracón dun booktrailer, creou decorados, vestiario e un pequeno quión. puxéronse mans á obra e coa cámara na man deron sentido aos seus escritos. Ollade o proceso e parte do resultado.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)

















