martes, 28 de xaneiro de 2020

VISITA Á BIBLIOTECA DE MARÍA E BEBE DA ONG "MIRADAS AL MUNDO"

Onte, día 27 de xaneiro,estiveron na nosa biblioteca  María Martínez e Bebe da ONG “Miradas al Mundo” coa que o colexio ven colaborando hai tres anos cun mercadiño solidario que celebramos o Día de África, 25 de maio. María e Bebe estiveron primeiro cos alumnos e alumnas de educación infantil e ensináronlle unha escola que foi construida pola ONG en Varela (Guinea Bissau)e varias bombas de auga que tamén colocaron nalgunhas aldeas; viron un vídeo dun baile feito polos nenos e nenas de Guinea Bissau e despois bailaron eles/as; tamén lles mandaron un vídeo saludándoos. Na charla con primeiro, segundo e terceiro, Bebe contoulles como chegou en patera a Canarias; logo viron un vídeo de como é un día na vida dos nenos e nenas guineanos.
Os alumnos/as de cuarto, quinto e sexto de primaria fixeron unha videoconferencia coa escola de Varela e falaron directamente cos nenos e nenas de alí. Foi moi emocionante!!

Os nenos e nenas de 6º de infantil fixeron debuxos para os nenos de Varela, tamén os de 5º de primaria escribíronlles unha carta
María informou ao alumnado que a recadación do mercadiño deste ano servirá para construir un pozo nunha escola, coa que se irmandará o noso colexio.
Moitas grazas a María e Bebe por ensinarnos a ser mellores persoas!!
#educacionenvalores #miradasalmundo

Premer na imaxe para ver as fotos das actividades

https://photos.app.goo.gl/GExkE5z7Hay8KR6e9

mércores, 22 de xaneiro de 2020

CONTACONTOS IGUALDADE: U-LA LÚA

O luns, día 20 de xaneiro estivo no nosa biblioteca a contacontos Celtia Figueiras da compañía de títeres A Xanela de Maxín. Contou a todo o alumnado o conto “U-la Lúa” do que é autora. Foi unha actividade coa temática de Igualdade e subvencionada pola Xunta de Galicia a través de fondos do Pacto de Estado contra a violencia de xénero. Foi unha actividade marabillosa, a contacontos estivo xenial e os nosos nenos e nenas encantados. Traballando a educación en valores dunha manera lúdica e divertida.
#educaciónenvalores
#igualdade
 Preme na imaxe para ver as fotos


https://photos.app.goo.gl/XZFtwmHjSr8y1HUCA