martes, 31 de outubro de 2023

DÍA DAS ESCRITORAS: PRESENTACIÓN DO LIBRO "UNHA ESTRELA PARA AMINA"

 Para conmemorar o Día das Escritoras (17 de outubro) visitou a biblioteca do centro a escritora Celia Díaz Núñez, que presentou ao alumnado de 5º e 6º de primaria a súa obra  "Unha estrela para Amina", que é un fermoso conto contado por unha boneca que conta o que nunca se conta o que nunca se contou. Fala desas guerras invisibles, desas persoa s que están refuxiadas e das que ninguén quere saber.

Celia Díaz Núñez naceu no Páramo (Lugo) `pero pasou toda a súa infancia e xuventude en Quiroga, onde aínda vive a súa familia. Desenvolveu a súa actividade docente en Ourense como profesora de ensino secundario e universitario.  

En Galaxia publicou na colección Literaria a novela Unha verdade amarga e o libro de relatos Corte e confección, e para o público xuvenil as novelas A boca do monte (colección Costa Oeste, finalista do Premio Frei Martín Sarmiento 2016), Rugando, o misterio do cuarto secreto (colección Costa Oeste, Premio Pura e Dora Vázquez 2012) e a obra teatral Unha estrela para Amina (colección Árbore, Premio O Facho de Teatro Infantil 2019).

Publicou ademais a novela xuvenil Adeliña (Premio Pura e Dora Vázquez, 2003) e as obras teatrais Cataventos e cía. (Premio Barriga Verde de textos para teatro de monicreques, 2004), O castelo de Pena Redonda, o máis tolo da contorna (Premio O Facho de Teatro Infantil 2016) e Velaí vai o papaventos (2014).

É tamén autora do libro de pasatempos Restra de letras (2002), do ensaio literario Voces na terra (1995) e de materiais didácticos para a aprendizaxe da lingua galega.






martes, 24 de outubro de 2023

DÍA DAS BIBLIOTECAS: FORMACIÓN DE USUARIOS

A Formación de Usuarios da Biblioteca este curso corre a cargo do alumnado de 5º e 6º de primaria, que nos explican o seu funcionamento a través dun vídeo co que se pretende: dar a coñecer os diversos recursos da biblioteca, formar aos distintos usuarios no manexo das ferramentas que a biblioteca pon a súa disposición e ensinar os diferentes recunchos da biblioteca.




luns, 23 de outubro de 2023

DÍA DAS BIBLIOTECAS: FORMACIÓN LEGAR

 O día 24 de outubro conmemórase o Día das bibliotecas, con este motivo a Biblioteca pública municipal brindou ao noso alumnado a posibilidade de vivir un espectáculo marabilloso a cargo da Fundación Legar. Unha vez máis quedamos encantados coa actuación de Martina e Xavier. Esta actividade foi realizada no ximnasio do colexio, por falta de espazo na biblioteca para acoller a todo o alumnado e foi debida a estreita colaboración entre a nos biblioteca e a biblioteca municipal.




mércores, 18 de outubro de 2023

PDI: UN TERRITORIO CON MOITA HISTORIA

Comezamos curso e comenzamos novo proxecto Documental Integrado. Traballaremos a historia do noso territorio desde diferentes puntos de vista.

Este PDI titulado "Un territorio con moita historia" está enmarcado no Plan Proxecta , dentro da liña de actuación Proxecto Terra.