venres, 28 de outubro de 2022

SAMAÍN: DECORAMOS O COLE CON VASOIRAS TERRORÍFICAS

Así de terrorífico está o colexio coas vasoiras que trouxeron as nenas e os nenos, monstruosamente decoradas. Que medo!!!


 

 

xoves, 20 de outubro de 2022

BOLETÍN DE ACTIVIDADES. 1ªTRIMESTRE

 



AÍ VAI O SAMAÍN

 Aí ven o Samaín!! Este ano cambiamos as cabazas por vasoiras. Decoramos vasoiras de meigas!!



 

COMEZAMOS NOVO PDI: QUIROGA TERRA DE RÍOS

Dende hai 10 anos o CEIP de Quiroga desenvolve todos os cursos un Proxecto Documental Integrado impulsado dende o Equipo de Biblioteca, e no que participan todo o alumnado e o profesorado do centro. Estes PDI sempre teñen como centro de interese o noso territorio. Este curso o noso proxecto chámase “Quiroga: Terra de Ríos”  Podes ver a presentación en CANVA, pinchando AQUÍ







 

xoves, 13 de outubro de 2022

COLEXIO BENQUERER

 

O alumnado de 5º e 6º comenzaron o proxecto “Colexio Benquerer” da fundación Meniños. Nesta ocasión, a actividade foi “únicas como folerpas”, onde traballaron o coñecemento persoal e a aceptación. Cada un de nós é unha persoa única e especial, ao igual que as folerpas. Ao final, plasmaron nun mural todas as habilidades e aspectos positivos de cada un/unha.





martes, 11 de outubro de 2022

SEGURIDADE VIAL

 Hoxe visitounos na biblioteca Dani, da asociación AESLEME, quen falou aos alumnos de quinto e sexto de seguridade vial e contou a súa experiencia persoal como víctima dun accidente de tráfico. Falou tamén dos distintos deportes que practican as persoas que como el se desprazan en cadeira de rodas. Sen dubida unha historia de superación persoal que calou moi fondo no noso alumnado. Esta actividade foi organizada pola Dirección General de Tráfico.






martes, 4 de outubro de 2022

SOMOS ÚNICOS. MELLORA DA CONVIVENCIA

Mellora da convivencia. Alumnado de quinto de primaria traballando co programa Somos Únicos!









O MONSTRO DE CORES

O alumnado de infantil inaugurou a biblioteca do cole traballando as emocións a través do conto do Monstro de cores. Como podedes ver nas fotos, fixemos unha actividade para clasificar a emoción que sentíamos nese momento: alegría, tristeza, rabia, medo, calma ou amor.
Ademais, aproveitamos para entregar as mochilas do programa “Contos que van e veñen” que usaremos para facer o préstamo de contos semanal.
Grazas Lili, a mascota da biblio, pola sorpresa que nos tiñas preparada!