martes, 4 de outubro de 2022

O MONSTRO DE CORES

O alumnado de infantil inaugurou a biblioteca do cole traballando as emocións a través do conto do Monstro de cores. Como podedes ver nas fotos, fixemos unha actividade para clasificar a emoción que sentíamos nese momento: alegría, tristeza, rabia, medo, calma ou amor.
Ademais, aproveitamos para entregar as mochilas do programa “Contos que van e veñen” que usaremos para facer o préstamo de contos semanal.
Grazas Lili, a mascota da biblio, pola sorpresa que nos tiñas preparada!






 
 
 

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario