sábado, 28 de febreiro de 2026
A SAIA DA ROSALÍA
Pegamos na saia de Rosalía versos do poema "Adios ríos, adiós fontes". Escollemos o que máis nos gusta e con todos fixemos unha saia ben colorida. Tamén cantamos a cantiga deste poema e cun pouco de tecnoloxía e as placas Mackey Mackey fixemos posible que a súa pandeireta resoara coa música deste poema.
xoves, 26 de febreiro de 2026
EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA "ENTROIDO CHOQUEIRO"
Esta é a exposición que preside a nosa biblio, fotos do noso Entroido Choqueiro feitas por unha das nosas Galerreporteiras.
luns, 23 de febreiro de 2026
DÍA DE ROSALÍA
Con motivo da conmemoración do Día de Rosalía de Castro, o alumnado de 5º e 6º de primaria tivo a oportunidade de asistir a unha interesante charla impartida pola escritora Celia Díaz Núñez, celebrada na Casa de Cultura e organizada polo servizo de normalización lingüística do concello.
venres, 20 de febreiro de 2026
DÍA DA PAZ
A pesar de que a choiva non nos permitiu celebrar a carreira solidaria no Día da Paz, finalmente puidemos levala a cabo con moita ilusión e participación.
sábado, 14 de febreiro de 2026
ENTROIDO QUIROGUÉS
Unha vez máis témoslle que agradecer a súa colaboración a Ramón Vila Anca, sempre incansable na defensa e na divulgación do noso patrimonio. Desta vez axudándonos a conectar aos máis cativos cos entroidos perdidos do noso concello.
Nestas xornadas o alumnado aprendeu sobre as tradicións das parroquias da Enciñeira, Bendilló, Os Novais, O Castelo e Quiroga. Ben seguro que houbo moitas máis tradicións nas nosas aldeas das que ata nós chegaron desta vez.
Seguiremos investigando...
Infinitas gracias á familia Vidal que nos cedeu un dos touros orixinais que se conservan, ás xentes da aldea de Bendilló e a Xe e a Ana que compartiron as súas lembranzas directas e indirectas para que puideramos entender a importancia que tiñan estes días de festa.
Viva o entroido!









.jpg)
.jpg)
