mércores, 24 de abril de 2024

DIA INTERNACIONAL DO LIBRO

Hoxe, conmemorando o Día Mundial do Libro, que se celebrou onte, desplazámonos todos ata a Casa de Cultura para ver un espectáculo da Maga Sargantana. Os nenos e as nenas pasárono moi ben, especialmente os máis peques. Moi agradecidos ao Concello de Quiroga por programar estas actividades culturais en horario lectivo para que os podan desfrutar todos os nenos e as nenas.

Premer na imaxe para ver as fotos:



martes, 16 de abril de 2024

OBRADOIRO SOBRE A PREHISTORIA. ED. INFANTIL

O martes, 16, o alumnado de infantil tivo o gran pracer de escoitar a Ramón Vila, quen os transportou á prehistoria contándolles como eran os utensilios que empregaban, como pintaban e como iluminaban as covas. Pasárono moi ben e aprenderon moito!

Premer na imaxe para ver as fotos da actividade:



ROTEIRO LITERARIO. 5ª E 6ª DE EP. DÍA DO LIBRO.

Durante toda a mañá do luns, 15 de abril, o alumnado de 5° e 6° de primaria realizou un Roteiro Literario por diferentes rúas e prazas de Quiroga achegándose ata a igrexa de Hospital. Ao longo do percorrido as rapazas e rapaces foron recitando unha escolma de poemas de diferentes escritoras e escritores quirogueses e doutros que tiveron relación con estas fermosas terras.

Nesta saída contamos, unha vez máis, co acompañamento como guía de Ramón Vila e, ademais, tivemos a gran sorte de contar tamén coa presenza excepcional do historiador Xosé Estévez, que foi amigo personal do escritor Manuel María e de Ernesto Guerra Dacal, así como profundo coñecedor das escritoras e escritores do Roteiro.
Foi un auténtico privilexio contar con estas dúas persoas expertas coas que o alumnado se achegou un pouco máis ao importante patrimonio da nosa contorna.











venres, 12 de abril de 2024

VISITA A PISCILOR E A MARGARIDE

Coa chegada da primavera e do bo tempo, o alumnado de primeiro e segundo puido facer por fin a excursión prevista para o primeiro trimestre.

Neste caso achegáronse a Piscilor para coñecer máis sobre o ciclo das troitas desde o seu nacemento.
Aproveitaron tamén para entregarlle a Óscar, o encargado, dúas cámaras de fototrampeo para estudar a fauna da nosa contorna.
Despois merendaron en Margaride no campo onde se celebra “A Festa do Ouro” e visitaron As Covas do Medo, algo que lles facía moita ilusión despois de estudar a cultura castrexa e os romanos.
Foi un bo día cheo de historia e xa estamos todos e todas preparados para a seguinte!
Podedes ver as fotos da actividade premendo na imaxe:



xoves, 21 de marzo de 2024

VISITA A CASTRO CALDELAS

O martes 19 de marzo, o alumnado de terceiro e cuarto de primaria, realizau a saída desde trimestre. Visitaron o Castelo de Castro Caldelas, onde Noemí, a guía, explicoulles as partes do mesmo e os usos das estancias. Aproveitaron tamén para realizar dous obradoiros moi interesantes: os alumnos e alumnas de terceiro deseñaron o seu propio castelo e os alumnos e alumnas de cuarto, fixeron o propio cun selo medieval inspirándose no que aparece no documento "Foro de Castro Caldelas".

Para a realización do selo, utilizaron plumas de ganso e tinteiros, tal como o farían no medievo.





martes, 19 de marzo de 2024

SEMANA DA PRENSA

Con motivo de celebración da Semana da Prensa, visitounos na biblioteca do colexio Carlos Julio González, exalumno do CEIP, onde cursou as etapas de educación infantil e primaria. Carlos, creador do blog “Diario de Quiroga”, vén traballando en distintos medios de comunicación como o xornal “ El Progreso”, a TVG en “ Galicia en goles”, a RTM de Quiroga, Onda cero Valdeorras …
Carlos explicou ao alumnado de quinto e sexto de primaria como se fai un xornal, como se edita e se publica cada día, e cales son as súas seccións. Os nenos e nenas poideron poñer en práctica estas ensinanzas, elaborando o seu propio xornal. Moitas grazas, Carlos, por tan extraordinaria exposición e posterior actividade, e benvido ao teu cole!!
Pódense ver as fotos da actividade premendo na imaxe:




luns, 11 de marzo de 2024

VISITA A PONFERRADA: CASTELO E MUSEO DA ENERXÍA

O martes, día 5 de marzo, os alumnos e alumnas de 5°e 6° de primaria viaxaron á cidade de Ponferrada para visitar o Museo da Enerxía e o castelo. No museo coñeceron as súas instalacións, que foron no século pasado unha central térmica, e cuxo funcionamento lles explicaron; e tamén, levaron a cabo un obradoiro de construción dunha máquina simple: un boneco seguindo unhas instrucións.

Durante a visita ao castelo comprobaron a súa boa conservación, os seus destacados elementos defensivos, pasaxes da súa historia, algunha lenda, ...
Foi outro día máis de convivencia e de aprendizaxe para lembrar.

Pódense ver as fotos premendo na imaxe:



venres, 8 de marzo de 2024

8 DE MARZO: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Este curso, para conmemorar o Día Internacional da Muller, traballamos coa técnica de tecido de Victoria Villasana sobre retratos de mulleres relevantes da nosa localidade. Podemos ver o resultado premendo na foto:






https://youtu.be/HBqQUkm1TVY

martes, 20 de febreiro de 2024

OBRADOIRO DE CÓMIC

 Hoxe visitounos na biblioteca do colexio Xosé Manuel Fernández Montes “Hermanager” que impartiu un obradoiro de cómic ao alumnado de quinto e sexto de primaria. Foi una actividade moi proveitosa que espertou moito interese entre os nenos e as nenas. Moitas grazas Xosé Manuel! Esperamos que pronto nos visites de novo!









venres, 16 de febreiro de 2024

ENTROIDO 2024

 Hoxe houbo en Quiroga unha xuntanza dos habitantes dos castros do territorio. Así, desfilaron pola Rúa Real os castrexos e castrexas de Castro Dares, Castro da Torre, Castro de Vilar e Castro de Penadominga. Ataviados coas súas mellores galas, encheron de colorido a nosa vila.

Podedes ver todas as fotos premendo na imaxe:



xoves, 8 de febreiro de 2024

DÍA DA PAZ: CARREIRA SOLIDARIA

 Un ano máis a Carreira Solidaria coa ONG Save the Children foi un gran éxito, grazas a xenerosidade das familias do noso alumnado. Hoxe ingresamos no banco 463,30 €. Grazas, grazas, grazas






martes, 6 de febreiro de 2024

ROTEIRO LITERARIO

O alumnado de terceiro e cuarto de primaria, iniciaron o mes de febreiro realizando o roteiro literario pola vila e arredores de Quiroga, acompañados polo director dos museos de Quiroga, Ramón Vila.

Para esta saída, preparamos a lectura de varios textos dos autores e autoras aos que está dedicado o roteiro e Ramón explicounos o contexto histórico no que viviron e realizaron a parte da súa obra relacionada co noso Concello.
A andaina levounos por distintos percorridos que nos achegaron un pouco máis á nosa paisaxe e o noso patrimonio cultural. Sen dúbida foi unha experiencia emocionante.
Moitas grazas, Ramón, por propoñernos esta actividade tan interesante.




venres, 2 de febreiro de 2024

DÍA DA PAZ: PRANTAMOS A PAZ

O 30 de xaneiro conmemoramos o Día Escolar da Paz e a non Violencia. Prantamos a paz polo cese de todas as guerras.






mércores, 31 de xaneiro de 2024

VISITA AO CONCELLO E PETICIÓN INCLUSIVA

 O pasado decembro o alumnado de primeiro e segundo visitou a casa do concello para ver de cerca como funciona esta institución da man do alcalde José Luis Rivera. Aproveitaron para achegarlle unha petición moi especial ao rexidor local. Así, o alumnado solicitou a colocación de pictogramas en todos os edificios municipais, especialmente nos usados por eles e elas, para facelos máis accesibles. Hoxe chegounos a resposta!