Alumnado voluntario interpretou na biblioteca o conto: Corre, corre, cabaciña, para o alumnado de toda a etapa de educación infantil. Como desfrutaron os máis pequenos do cole con esta actividade !!
Amosando publicacións coa etiqueta Voluntariado b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Voluntariado b>. Amosar todas as publicacións
martes, 3 de marzo de 2020
xoves, 27 de febreiro de 2020
VOLUNTARIADO BIBLIO-PATIO
Co comezo do bo tempo empeza a funcionar na nosa biblioteca o servizo de biblio-patio. É dicir achegar á lectura ao patio do recreo, para que o alumnado desfrute dun momento de lectura, ao sol, ou á sombra, segundo corresponda, pero sempre no patio, para despexar a nos cabeza. Os voluntarios/as, por quendas, encárganse do carriño que achega a lectura aos nenos e nenas, principalmente, revistas: Reportero DOC, O papagaio, National Geographc kids e banda deseñada.
luns, 10 de febreiro de 2020
CONTACONTOS NA BIBLIOTECA (VOLUNTARIADO-A)
Alumnos de 5º e 6º que participan no programa de voluntariado contaron contos ao alumnado de educación infantil na biblioteca.
Premer na imaxe para ver máis fotos
Premer na imaxe para ver máis fotos
martes, 9 de abril de 2019
VISITA A RESIDENCIA DE PERSOAS MAIORES. VOLUNTARIADO - A
Hoxe os alumnos e alumnas de quinto e sexto de primaria voluntarios da biblioteca visitaron a residencia de persoas maiores de Quiroga, onde leron contos e recitaron poesías compostas por eles as persoas maiores que ali residen. Ao finalizar todos xuntos cantaron cancións típicas galegas. Sen dúbida foi unha gran experiencia para ambos colectivos. Tamén convidamos aos residentes a visitar a nosa biblioteca e a asistir ao festival de fin de curso. Repetiremos a experiencia!
Podedes ver todas as fotos premendo no enlace:
APADRIÑAMENTOS LECTORES. VOLUNTARIADO - A
Os nenos e nenas de 6º de EP, durante este mes de abril dedicaron parte do seu tempo de lecer a apadriñar aos alumnos e alumnas de 1º de EP, contándolles contos na biblioteca escolar ou no patio de recreo cando o tempo o permitiu. Foi unha experiencia moi bonita na que todos quedaron moi satisfeitos. Podedes ver todas as fotos premendo no enlace.
https://photos.app.goo.gl/cwvGJ44QRoMVLBEF7
luns, 8 de abril de 2019
OS VOLUNTARIOS DA BIBLIOTECA VISITAN A ESCOLA INFANTIL
Os alumnos e alumnas voluntarios da biblioteca visitaron a Escola Infantil Galiña Azul, para contar contos aos nenos e nenas. Foi unha experiencia moi gratificante para uns e para outros. Moitas grazas as mestras da Escola Infantil pola súa colaboración.
luns, 25 de febreiro de 2019
BIBLIOPATIO: VOLUNTARIOS NO PATIO DE RECREO
Os nosos voluntarios e voluntarias acercan a lectura aos seus compañeiros e compañeiras levando un carro con lectura variada: cómics, revistas, xornais etc ao patio de recreo. Ao sol ou á sombra, ao gusto de cadaquén, a buscar un lugar cómodo e poñerse a ler ...
xoves, 14 de febreiro de 2019
ACTIVIDADES DOS VOLUNTARIOS NA BIBLIOTECA
Os alumnos e alumnas de 5º e 6º voluntarios da biblioteca realizan, por quendas, varias actividades na biblioteca no recreo da mañá e no recreo despois de comer. Debidamente identificados cos seus petos e as súas credenciais encárganse do servizo de préstamo a través do programa MEIGA, de colocar os libros nos andeis, da orde no rincón dos xogos e en xeral de toda a orde na biblioteca, tamén axudan aos usuarioscando o precisan. Esperamos que chegue o bo tempo para poñer a funcionar o biblio-patio.
xoves, 31 de xaneiro de 2019
ACTIVIDADE VOLUNTARIADO DA BIBLIOTECA
Alumnado de 5º e 6º que forman parte do voluntariado da biblioteca colaborarou na presentación do último libro da escritora Celia Díaz Núñez o día 9 de febreiro na Biblioteca Pública Municipal. A súa colaboración consistiu nunha lectura dramatizada de varios capítulos do libro, unha obra de teatro infantil, que leva por título: "O castelo de Pena Redonda o máis tolo da contorna". Os alumnos que leron son alumnos voluntarios da biblioteca do CEIP de Quiroga: Nacho e Natalia de 6º de EP e Nadia e Manuel Antonio de 5º de EP. Esta actividade foi enmarcada no programa Bibliotecas solidarias na actuación Ler con...F:
martes, 13 de novembro de 2018
OS MAIORES DO COLE CONTAN CONTOS AOS MÁIS PEQUENOS
De cando en vez o alumnado de 5º e 6º exercen de contacontos na nosa biblioteca. Aquí queda unha mostra das alumnas de 6º: Natalia, Ana e Naia e de Nadia de 5º.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)



































