
A Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos publica no Portal Educativo unha iniciativa pola que se estimula o voluntariado cultural relacionado coa lectura en centros de titularidade da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Esta proposta,Voluntariado de lectura - A, vai destinada ao alumnado de 3º Ciclo de Ensino Primario que se implica directamente en labores de colaboración coa biblioteca escolar, ou que participaactivamente, xunto co profesorado do Equipo de biblioteca, no deseño, organización e realización de actividades de lectura compartida, dentro ou fóra do centro. Os centros que conten con alumnado colaborador ou que programen actividades de lectura compartida poderán inscribirse antes do 31 de outubro nesta iniciativa. ACCESO Á CONVOCATORIA
Colabora con esta iniciativa a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.
Ningún comentario:
Publicar un comentario