venres, 4 de novembro de 2022

PDI: VISITA AO CIMAR E AO RÍO SIL EN SAN CLODIO

O alumnado de terceiro e cuarto de primaria saímos de novo polo territorio Xeoparque acompañados polos técnicos deportivos da empresa Coureleando. Nesta ocasión visitamos o CIMAR de San Clodio (Centro de Interpretación da Minería Aurífera Romana) onde Iván nos explicou con detalle as técnicas de extracción do ouro que utilizaron tanto os castrexos como os romanos e comprobamos o efectivas que eran no documental didáctico do propio museo.
Con Guillermo achegámonos ata un remanso do río Sil e aprendemos a técnica do bateo. Sorprendeunos o lenta e traballosa que é pero tivemos moita sorteo e puidemos



ver dúas partículas moi pequenas deste apreciado metal...tanto traballo tivo a súa recompensa.

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario