xoves, 30 de marzo de 2023

CONSTRUIMOS HOTEIS DE INSECTOS

 Na última quincena do segundo trimestre, alumnos e alumnas de 3º de EP organizaron unha exposición na que se podía observar varios "hoteis de insectos" confeccionados por eles/as mesmos/as coa axuda das súas familias. A exposición contaba tamén con varios paneis informativos elaborados polo alumnado no tempo dedicado as TIC, onde se respondía a cuestións como: que é un hotel de insectos, materiais usados na súa construción, importancia dos insectos para a conservación da biodiversidade.

Este traballo enmárcase dentro do PDI que estamos a desenvolver durante o curso, xa que os insectos forman parte da variada fauna que poboa os nosos ríos.

Destacouse principalmente a importancia das abellas, un insectos polinizador que no Xeoparque Montañas do Courel, sufriu especialmente coa vaga de incendios do pasado verán.


 





Ningún comentario:

Publicar un comentario