Este curso que comenzamos traballaremos cun novo PDI titulado: "Quiroga na Ribeira Sacra" con el pretendemos que a comunidade educativa coñeza o patrimonio da nosa contorna inmediata desde unha visión integradora e vinculada ao territorio e que, de xeito participativo, contribúa á súa conservación e difusión e idee estratexias de recoñecemento público e promoción dos seus recursos. Deste xeito, constitúe unha estratexia contextualizada para a valorización e preservación deste patrimonio a longo prazo e, polo tanto, de desenvolvemento sustentable.
Este proxecto impulsado dende o Equipo de Biblioteca será traballado por todas as titorías e especialidades do colexio, dentro dun programa de Educación Patrimonial do Plan Proxecta da Consellería de Educación.
Ningún comentario:
Publicar un comentario