O luns e martes desta semana estiveron no colexio Franqui Lorenzo e Bibiana Illanes facendo obradoiros con todo o alumnado do colexio. Esta actividade foi proposta e subvencionada pola Asociación do Xeoparque Montañas do Courel. Os obradoiros para 2º e 3º ciclo de primaria consistiron na elaboración de bombas de semente, que son pequenas bolas de arxila seca que gardan no seu interior sementes. É un método para sementar campos ou revexetar terras de monte. Con esta actividade introducímonos nesta técnica dun xeito manipulativo ao mesmo tempo que abordamos a problemática dos incendios nas Montañas do Courel.
En educación infantil e 1º ciclo de primaria os obradoiros consistiron na elaboración de pegadas de animais con escaiola e barro. O obxectivo foi aprender a identificar os rastros de actividade da fauna máis representativa da Serra do Courel.
Moitas grazas á Asociación Montañas do Courel por contar con nós unha vez máis.
Se queres ver todas as fotos preme AQUÍ
Ningún comentario:
Publicar un comentario