domingo, 21 de novembro de 2021

VISITA A MARGARIDE. Proxecto: Quiroga na Ribeira Sacra

 O venres, día 19, os alumnos e alumnas de sexto acompañados polas súas maestras Ana e Sara, viaxaron ata Margaride, onde foron recibidos por Pablo e Sandra, da Bodega EDV, unha das adegas mais importantes da denominación de orixe Ribeira Sacra. Pablo foi un perfecto anfitrión que explicou aos nenos e nenas todo o proceso de elaboración do viño. Visitaron unha viña e a adega, en ambos lugares Pablo fixo unha magnífica e amena explicación sobre un produto tan importante na nosa zona como é o viño, transmitindo o amor que el sinte polo seu traballo. Tamén visitaron a zona “romana” de Margaride, o escenario da marabillosa Festa do Ouro. Alí Pablo explicou ao alumnado o proceso de extracción do ouro que usaban os romanos, e incluso entraron nas minas, o que foi moi emocionante para eles; logo, fixeron unha cata de aromas; e, por último, Pablo fixo unha exposición con proxección de diapositivas sobre a historia do viño e a súa relación cos Camiños de Santiago, e máis concretamente co noso Camiño de Inverno. Sen dúbida foi unha gran experiencia. Dende o colexio queremos agradecer a Pablo e Sandra a súa acollida e a súa dedicación cara o noso alumnado.

Podedes ver todas as fotos premendo na imaxe:



Ningún comentario:

Publicar un comentario