venres, 25 de abril de 2025

SEMANA DO LIBRO

Para conmemorar a Semana do Libro, o alumnado de sexto de primaria preparou unha sesión de contacontos para os nenos e nenas de infantil: na biblio, no patio, ao carón dunha árbore … diferentes espazos do cole nos que os/as máis peques puideron desfrutar dun rato marabilloso cos compañeiras/as maiores. Sen dúbida unha experiencia moi gratificante para ambos grupos!!






xoves, 10 de abril de 2025

ANIMACIÓN Á LECTURA

Onte, na biblioteca, recibimos a visita dun personaxe moi especial a través do conto “El conejo de Pascua y el Bosque de Chocolate”. Escoitamos con moita atención a historia deste coello que traballa moito decorando ovos de chocolate para facer felices as nenas e nenos! Solicitounos a nosa axuda para buscar e decorar os que lle faltaban, xa que tivo un accidente e non lle deu tempo a rematalos este ano. Por suposto todas e todos quixeron participar! No patio tiveron que facer unha búsqueda de ovos de madeira para pintar e de ovos de chocolate para degustar… e vaia sorpresa que nos deixou as súas pegadas no chan!



BOLETÍN DE ACTIVIDADES PARA O TERCEIRO TRIMESTRE










 

luns, 7 de abril de 2025

VISITA Á RECTORAL DE GUNDIVÓS

O pasado venres o alumnado do primeiro ciclo visitou a Reitoral de Gundivós, onde Elias lles ensinou o proceso de elaboración artesanal da olaría da zona. Foi unha actividade moi interesante na que o alumnado quedou marabillado de ver como o alfareiro elaboraba as pezas no seu torno.








martes, 1 de abril de 2025

VISITA AO CIMAR EN SAN CLODIO (CENTRO DE INTERPRETACIÓN DA MINERÍA AURÍFERA ROMANA)

O alumnado de segundo ciclo visitou o CIMAR de San Clodio o xoves, día 27.
Explicáronlles distintos tipos de extracción do ouro e como está se levou a cabo na contorna, deixando pegada na paisaxe que coñecemos hoxe en día.
Púxose en valor o Xeoparque Montañas do Courel expoñendo algunhas das súas características que o fan singular.
Por último desfrutaron dun pequeno vídeo musicado que xuntaba varios dos paraxes máis fermosos do xeoparque.




martes, 25 de marzo de 2025

TRABALLANDO COA CORTADORA LÁSER. POLOS CREATIVOS

Estreamos a nosa cortadora láser por todo o alto! Para iso, o alumnado de cada aula, elaborou un debuxo relacionado co noso proxecto “Territorio Arte-San” sobre unha lámina de madeira. Posteriormente, introducímolo na cortadora e convertemos cada debuxo nun quebracabezas. Agora só queda poñernos mans á obra para montalos.