En Educación Infantil fixemos dous murais relacionados coas froitas e con dous contos: "A oruga glotona" e "Os Bolechas fan unha merenda con vexetais".
venres, 29 de abril de 2016
sábado, 23 de abril de 2016
23 DE ABRIL: DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO
DÍA DO LIBRO 2016
ACTIVIDADE LIM:
PRESENTACIÓN VIDA DE CERVANTES:
Nada mellor que "celebrar" o aniversario, 400 anos nada menos, da morte do escritor español máis coñecido en todo o mundo.
Neste día tan especial para os lectores, entre os que me inclúo, é apropiado saber máis sobre a vida deste insigne alcalaíno. Para iso... Pica na imaxe.
Para festexar esta efemérides podemos deambular por unha páxina concibida ao uso 400CERVANTES. Nela imos atopar a súa Biografía cun mapa de fondo que se vai movendo polos lugares que percorreu e a Axenda de actos e eventos que sobre Cervantes terán lugar. É moi interesante.
E agora un pouco de humor co escritor como protagonista...
domingo, 17 de abril de 2016
Produtos do noso concello
O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria elaboraron diferentes murais sobre os produtos máis típicos do noso concello. Aquí temos algúns resultados:
luns, 11 de abril de 2016
martes, 29 de marzo de 2016
Alimentación en English
Na aula de Lingua estranxeira: Inglés, tamén se traballou o tema da alimentación coa elaboración de carteis e receitas en lingua inglesa.
venres, 4 de marzo de 2016
8 de marzo: Día da Muller
Un ano máis conmemoramos o Día da Muller coa colaboración das responsables do CIM do Concello de Quiroga, Marisa e Lucía, ás que lle agradecemos a súa colaboración co centro.Nesta ocasión, organizaron diferentes actividades co alumnado do CEIP de Quiroga. Cos nenos e nenas de 1º e 2º de Primaria elaboraron bonecas con cartóns de papel hixiénico representando a mulleres importantes da historia; co alumnado de 3º e 4º de Primaria elaboraron tarxetas coas mulleres representativas; e cos rapaces e rapazas de 5º e 6º de Primaria, compuxeron murais de mulleres importantes na nosa historia.
Podedes ver as fotos destas actividades e a posterior exposición picando nesta imaxe:
PEQUENA EXPOSICIÓN NA NOSA BIBILIOTECA:
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)











