luns, 2 de outubro de 2023
mércores, 27 de setembro de 2023
CUBO DE MERGE
Hoxe na biblio, día de bechos! Marabillados estiveron os nenos e nenasvendo eses animais en movemento e mesmo collendo nas "súas mans" serpes, osos... Ollade esta experiencia de imaxes 3D co cubo de Merge.
luns, 25 de setembro de 2023
PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO: UN TERRITORIO CON MOITA HISTORIA
Este curso queremos traballar o noso territorio dende un enfoque histórico a través da pegada dos nosos devanceiros e devanceiras. Traballaremos de xeito transversal todos os conceptos relacionados coa historia da nosa comarca e afondaremos nos espazos e os lugares que habitamos ao longo do tempo para conectalos co noso sentido como pobo.
Como portada do portfolio do alumnado onde recolleran todos os traballos relacionado co PDI. a profe Belén deseñou unha portada que recompila parte do nosa historia.
xoves, 8 de xuño de 2023
OBRADOIRO DE MAQUILLAXE ARTÍSTICO E ELABORACIÓN DUN VIDEO CÓMIC
O alumnado de sexto estivo traballando na realización dun video cómic. Crearon e seleccionaron personaxes de cómic, pensaron no vínculo que poderían ter entre eles, elaboraron un guión e as diferentes escenas que terían que gravar, traballaron na caracterización dos seus personaxes, gravaron nun croma, aprenderon un pouquiño sobre a edición de video e, sobre todo, colaboraron entre eles, axudáronse e puxeron ilusión e empeño para lograr un marabilloso produto final.
Engadimos tamén imaxes do día de caracterización e gravación no que Zeltia de LOAN, acudiu ao cole para facer realidade o soño destes nenos e nenas e conseguir caracterizalos tal e como eles querían.
VIDEO CÓMIC " SUPERHEROES DE QUIROGA"
martes, 6 de xuño de 2023
ESCRITURA CREATIVA DO LIBRO ILUSTRADO " EL LÁPIZ" DE HYEEUN KIM.
Para conmemorar o día do medio ambiente, o alumnado de sexto de primaria escribiu un texto a partires do libro ilustrado " El lápiz". O alumnado apreciou a marabilla de libro da ilustradora coreana Hyeeun Kim, e inspirados polas súas imaxes, moi realcionadas coa natureza, elaboraron unha historia.
venres, 2 de xuño de 2023
OBRADOIRO DE BORDADO EN ILUSTRACIÓN "TECENDO SOÑOS"
Alumnas e alumnos de 5º e 6º de educación primaria levaron a cabo un obradoiro de bordado en ilustración, inspirados na artista mexicana Victoria Villasana. Quedamos marabillados co resultado pero sobre todo, co proceso. Foi incrible observar o proceso creativo, onde a colaboración entre eles, a calma, a concentración e a expresión artística foi a tónica destes días de costura. Aquí vos deixamos un video resumo dos resultados e de todo o proceso.
xoves, 1 de xuño de 2023
XORNADA DE ANIMACIÓN CON BRANCA VILLARES
O día 25 de maio visitounos Branca Villares a través dunha actividade organizada pola ANPA. Deleitounos con cantigas e bailes. Desfrutamos moito da súa actuación! Moitas grazas pola túa visita, desexamos que volvas pronto!


















.jpg)


