luns, 21 de marzo de 2022
DIA MUNDIAL DO SÍNDROME DE DOWN
sábado, 12 de marzo de 2022
VISITA A MARGARIDE DE 5º DE EP
O día 12 de marzo foron os alumnos e alumnas de quinto de primaria os que se desplazaron a Margaride, donde foron recibidos por Pablo da Bodega EDV 2015, SLU. Unha vez mais Pablo fixo de encantador anfitrión do alumnado do CEIP e ensinoulles un montón de cousas relacionada coa viticultura e a elaboración do viño. Tamén visitaron as minas romanas de Margaride. Grazas de novo pola túa xenerosidade, Pablo!
Preme na imaxe para ver as fotos
venres, 11 de marzo de 2022
VISITA Á BIBLIOTECA DOS ADEGUEIROS DA ADEGA EDV DA DENOMINACIÓN DE ORIXE RIBEIRA SACRA
SEMANA DA PRENSA: AS MULLERES SON NOTICIA
do 3 ao 11 de marzo conmemoramos a Semana da Prensa. Como na mesma semna se conmemora o Día da Muller, decidimos unir ambas conmemoración e creamos un xornal con noticias sobre mulleres importante da nosa contorna e fóra dela.
martes, 8 de marzo de 2022
8 DE MARZO: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER. A MULLER NA RIBEIRA SACRA
Reinterpretando en feminino a escultura do Miradoiro de Soutochao. Poñendo en valor ás mulleres da Ribeira Sacra.
venres, 4 de marzo de 2022
MURAL DE ENTROIDO: MÁSCARAS DO ENTROIDO DA RIBEIRA SACRA
Seguimos co noso proxecto de "Quiroga na Ribeira Sacra". Nesta ocasión e xa que Quiroga non ten personaxes típicos do Entroido, traballamos aqueles personaxes típicos dos concellos da Ribeira Sacra que si teñen un personaxe característico. Así,fixemos un traballo colaborativo por ciclos e confeccionamos un mural con todas as máscaras realizadas. Quedaron moi ben!!
xoves, 3 de marzo de 2022
ENTROIDO 2022. ENTROIDO NA RIBEIRA SACRA
Entroido no CEIP: Despois dunha semana de intriga pensando que pretendía o Meco cos seus mandados, hoxe por fin resolveuse o misterio. Todos e todas transformámonos en Volantes do Entroido Ribeirao de Chantada.








