domingo, 17 de marzo de 2019
DIA INTERNACIONAL DA MULLER
Con motivo do día 8 de marzo, Día internacional da muller, as traballadoras do CIM do Concello de Quiroga, Marisa e Lucía, estiveron na biblioteca do colexio contando o conto de Raquel Díaz Reguera “Cuando las niñas vuelan alto”. Despois xunto coas nenas e nenos de primaria elaboraron unhas ás para voar cara a igualdade. Os nenos de infantil traballaron con conto “ A princesa rebelde”
SEMANA DA PRENSA
No colexio conmemoramos a semana da prensa. Cada clase traballou diariamente co xornal El Progreso. Nas titorías redactáronse noticias e na biblioteca expuxéronse xornais de moitas nacións diferentes.
luns, 4 de marzo de 2019
PROXECTO XEOPARQUE MONTAÑAS DE COUREL E O ENTROIDO
O venres, día 1 de marzo, celebramos o Entroido e, como non podía ser menos, tendo como protagonista ao noso PDI, apoiando a candidatura a Xeoparque Mundial da UNESCO das Montañas do Courel. Fomos vestidos de exploradores estudosos do territorio. Recorrimos a Rúa Real, acompañados dun gran oso do Courel e portando unha gran pancarta que nos acreditaba como estudosos do Xeoparque. O noso traxe estaba composto por chaleco, gorro, prismáticos e unha chapa conmemorativa. Esperamos que vos gustase tanto como a nós.
#CourelMountainsUNESCOGlobalGeoaprkProject
#CourelMountainsUNESCOGlobalGeoaprkProject
luns, 25 de febreiro de 2019
BIBLIOPATIO: VOLUNTARIOS NO PATIO DE RECREO
Os nosos voluntarios e voluntarias acercan a lectura aos seus compañeiros e compañeiras levando un carro con lectura variada: cómics, revistas, xornais etc ao patio de recreo. Ao sol ou á sombra, ao gusto de cadaquén, a buscar un lugar cómodo e poñerse a ler ...
DÍA DE ROSALÍA
24 de febreiro, día de Rosalía. Os nenos e nenas do CEIP de Quiroga, rendéronlle a súa particular homenaje, poñendo en imaxes a obra “Rosalía pequeniña” de Uxía Senlle. Actividade organizada polo EDLG e o Equipo de Biblioteca.
xoves, 14 de febreiro de 2019
ACTIVIDADES DOS VOLUNTARIOS NA BIBLIOTECA
Os alumnos e alumnas de 5º e 6º voluntarios da biblioteca realizan, por quendas, varias actividades na biblioteca no recreo da mañá e no recreo despois de comer. Debidamente identificados cos seus petos e as súas credenciais encárganse do servizo de préstamo a través do programa MEIGA, de colocar os libros nos andeis, da orde no rincón dos xogos e en xeral de toda a orde na biblioteca, tamén axudan aos usuarioscando o precisan. Esperamos que chegue o bo tempo para poñer a funcionar o biblio-patio.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)

















































