luns, 8 de febreiro de 2016

OBRADOIRO DE EDUCACIÓN INFANTIL: FIGURIÑAS CON FROITA

O pasado venres 5 de febreiro os nenos e nenas de Educación Infantil, coa colaboración dos seus mestres e o cociñeiro Jorge, elaboraron unha estupenda e riquísima oruga con plátano e amorodo. Acompañámolo con pouco xarope de chocolate e de ollos uns lacasitos. Despois, saíron ao parque a xogar un ratiño. Realmente foi unha actividade super divertida e pasámolo xenial!!!
n 

sábado, 30 de xaneiro de 2016

DÍA DA PAZ 2016

O venres 29 de xaneiro celebramos o Día da Paz no noso cole. Para iso, aprendemos a canción "Color Esperanza" de Diego Torres, coa colaboración do mestre de Música, Javier. Tamén elaboramos un mural colectivo coa participación de todo o centro organizado polo Equipo de Biblioteca e coa colaboración de todas as titorías.
Podedes ver máis fotos premendo na imaxe:

Aquí podemos ver e aprender a canción:

martes, 15 de decembro de 2015

LECTURAS RECOMENDADAS PARA O NADAL 2015

O Equipo da Biblioteca, en colaboración co Equipo de Dinamización da Lingua Galega, vén de elaborar un novo tríptico con lecturas recomendadas para este Nadal. As lecturas van dirixidas aos Prelectores (ata os 6 anos), Primeiros lectores (6-8 anos), lectores autónomos (8-11 anos), ás familias e tamén libros relacionados co Proxecto que estamos a desenvolver:

martes, 3 de novembro de 2015

Conmemoración do Samaín

Estas son as presentacións de Halloween e Samaín para este curso 2015-2016 elaboradas en colaboración co Equipo de Dinamización da Lingua Galega. Preme na que che interese ver:
  

domingo, 25 de outubro de 2015

CURSO 2015-2016:


20151023_162746 (2)

Neste curso levaremos a cabo un novo Proxecto desde a Biblioteca. O tema central será a importancia dunha alimentación sá e equilibrada. Pero..., quen é Xermoliño?

xoves, 21 de maio de 2015

martes, 7 de abril de 2015

27 DE MARZO: DÍA MUNDIAL DO TEATRO

Neste curso 2014-2015 celebramos o Día Mundial do Teatro lendo a obra "Velaí vai o papaventos" de Celia Díaz Núñez. Despois, a autora falounos da súa etapa en Quiroga e fixo unha presentación da súa obra.
Deixamos o enlace ao facebook da obra: https://www.facebook.com/pages/Velaivaiopapaventos/1425301621064636

Podedes ver as fotos picando nas seguintes imaxes: