martes, 21 de outubro de 2025

SAMAÍN NO COLE

                                                       

           

                                                          


 Chegou o Samaín e no noso cole xa estamos cos preparativos. Este ano espantaremos os nosos medos decorando os corredores con “Qui-Ta- Medos” . Aquí vos deixamos toda a información.

Estamos desexando ver as vosas creacións👻💀🎃



xoves, 16 de outubro de 2025

DESEÑAMOS O LOGO DO COLEXIO

 Necesitábamos un logo do colexio urxentemente para unha actividade solidaria que pronto vos contaremos. Os nenos e nenas de 6º de primaria puxéronse mans a obra e crearon uns magníficos deseños inspirados no territorio. Estes foron os finalistas. O último foi o elexido!! Que grandes artistas!!










mércores, 15 de outubro de 2025

OBRADOIRO DE RECICLAXE

 Obradoiro de reciclaxe da man de Andrea Gonzalez Río, creadora de Tropic Gaia unha horta chea de froitas do mais variadas. Desta volta o programa “Da granxa á escola” solicitado pola ANPA ofreceunos a posibilidade de que o alumnado de primeiro ciclo traballase no propio cole.

O obradoiro consistíu en coñecer Tropic Gaia, a importancia de coidar a nosa contorna, coñecimos e reflexionamos sobre as7 R e recibimos como obsequio un conto bolecha sobre os cultivos.
A segunda parte do obradoiro foi máis práctica, onde o alumnado por grupos prantaron diferentes prantas (tomiño , albáfega, coandro …) o cal terán que coidar e trasplantar máis adiante, intentando facer un guiño aos incendios deste verán.








                                             





luns, 13 de outubro de 2025

VISITA Á CASA DA FONTE

 No día de hoxe o alumnado de segundo ciclo viviu unha xornada moi enriquecedora en “Casa da Fonte”, en Pantón.

Alí desfrutaron vendo de cerca cabalos, vacas, porcos… e ata un pavo real! 🦚
A ANPA ofreceunos a posibilidade de realizar esta actividade dentro do programa “Da Granxa á Escola” onde ademais de achegarnos ao mundo animal e á gandería ecolóxica, o alumnado puido desfrutar dun obradoiro onde elaboraron a súa propia manteiga.




sábado, 4 de outubro de 2025

PDI: MONTAÑAS DE COUREL, UN XEOPARQUE EN VERDE

 MONTAÑAS DO COUREL: UN XEOPARQUE EN VERDE

Chega outubro 🍂 e con el chega a presentación do noso PDI (Proxecto Documental Integrado)
A situación de emerxencia vivida no final do verán por mor dos incendios en Galicia, e en especial no noso concello, fixo que considerásemos necesario este curso un estudo centrado na unión da educación ambiental, a valoración do patrimonio e a educación física arredor da contorna.
Disto naceu “Montañas do Courel: Un xeoparque en verde”, un PDI onde o alumnado a través de diferentes actividades conseguirá obxectos neste xogo para eliminar as lapas que asolan Quiroga ata deixalo totalmente verde.
Agardamos que vos guste e que entre todos voltemos ao verde!