xoves, 25 de marzo de 2021

BRAILLE

O alumnado de 3º e 4º de primaria tiveron un obradoiro de lectura en Braille. Para introducirlos no tema, dende o grupo de formación elaborouse un díptico coa información máis relevante da orixe do sistema Braille. Aproveitouse a hora de ler para traballar a información.
Dende o grupo tamén elaboramos os caxetíns de braille con material de refugallo para que o alumnado puidera manipulalo.
A través dunha presentación con diapositivas, alternouse a teoría con xogos e retos. O alumnado foi construíndo o abecedario no seu caxetín. Ao final foron quen de formar palabras entre todos, traducir varias do braille a letra impresa e viceversa.
Foi moi interesante para todos!












Ningún comentario:

Publicar un comentario