O día 7 de marzo, venres, a directora do Centro de Información a Muller, Marisa, visitou a nosa Biblioteca para desenvolver actividades dirixidas a conmemorar o "Día Internacional da Muller". Así, os alumnos do 2º ciclo puderon ver unha presentación en diapositivas sobre mulleres importantes da historia e debatir sobre o papel das mulleres ao longo do tempo. Os alumnos do 3º ciclo viron unha preciosa película titulada "Binta y la gran idea" Binta e seu pai, un humilde pescador que, preocupado polo progreso da humanidade está empeñado en levar a cabo algo que se lle ocurriu (a gran idea).
Dirixido por Javier Fesser, é nominado en 2007 ao óscar pola mellor curtametraxe de fición. Mostra a necesidade dunha educación para as nenas de África.
Ningún comentario:
Publicar un comentario