Páginas

xoves, 29 de maio de 2025

VISITA AO CENTRO DE DÍA

O Centro de Día acolleu esta mañá un animado encontro interxeracional ao que acudían alumnos e alumnas do CEIP de Quiroga.
Os alumnos participantes, os de 5º e 6º de primaria, que se achegaron ata o centro acompañados dos seus profesores, foron convidados a unha merenda. Ben merecida despois de ir andando ata o centro de maiores nunha xornada de intensa calor.
E tras repoñer forzas comezouse coa actividade preparada para o encontro. O alumnado adicoulle aos residentes varias cancións que cantaron acompañados polos instrumentos que realizaron recentemente nun obradoiro coa Fundación Legar.
No repertorio musical, todas cancións galegas ben coñecidas, contaron co acompañamento dos maiores que remataron intercambiando papeis e foron os residentes os que lle cantaron aos nenos e nenas “A saia da Carolina” co acompañamento dos máis novos.
Para agradecer a visita, na que a música tradicional uniu xeracións moi distantes no tempo e na educación escolar, agasallos para os alumnos: caramelos e un marcapáxinas elaborado polos usuarios do Centro de Día.







Ningún comentario:

Publicar un comentario