mércores, 7 de maio de 2025

PRESENTACIÓN DO LIBRO "A ABOA CANTA COMO A COTOVÍA"

Hoxe visitou de novo o noso colexio a escritora Celia Díaz Núñez. Nesta ocasión foi para falarnos da súa novela "A avoa canta como a cotovía", que o alumnado de 5°e 6° xa tiña lido coas súas titoras na aula e tamén aprendido as cantigas co mestre de música. Unha historia que enganchou ao alumnado e que ten como protagonistas a un neno e a súa avoa enferma de Alzheimer e como a música, as cantigas tradicionais, lle aledan a vida.
Foi apaixoante a lectura desta obra.
Foi un privilexio contar coa presenza da súa autora na nosa biblioteca.
Foi interesante achegarnos ao coñecemento da enfermidade do alzheimer .
Foi fantástico cantar todos xuntos cantigas tradicionais que forman parte do noso patrimonio cultural.
Si, foi realmente emocionante.
En definitiva, pódese afirmar que: " As nosas rapazas e rapaces cantan como a cotovía".
Moitísimas grazas, Celia.





Ningún comentario:

Publicar un comentario